Proxecto Web Web en produción

AserGalicia Formación

Formarse, atopar o camiño e empezar. Sen perderse antes na web.

Unha web para achegar formación oficial, orientación laboral e servizos para empresas a públicos moi distintos. A información cambia; a maneira de atopala non debería facelo cada semana.

Tipo
Formación
Estado
Web en produción
Base
WordPress
Plataformas
Empresas

Tres portas de entrada

A mesma formación non significa o mesmo para todo o mundo.

A portada non obriga a coñecer de antemán nomes de programas, convocatorias nin siglas administrativas. Primeiro pregunta quen es. Despois leva ao que che pode servir. Parece obvio, por iso ás veces hai que facelo.

01

Persoas

Formación e acompañamento adaptados ao momento profesional, tanto para volver ao mercado laboral como para seguir avanzando.

  • Persoas desempregadas: Formación oficial, certificados de profesionalidade e acompañamento para volver ao mercado laboral con algo máis útil ca outro PDF gardado no escritorio.
  • Persoas traballadoras: Cursos para actualizar coñecementos, mellorar competencias e seguir avanzando sen ter que poñer a vida enteira en pausa.

02

Empresas

Formación bonificada e programas á medida, coa xestión necesaria para que formar o equipo non se converta noutro traballo a tempo completo.

  • Á medida
  • Xestión incluída

Máis ca unha listaxe de cursos

A web tamén explica quen está ao outro lado.

AserGalicia non só publica formación: orienta, acompaña a matrícula, conecta con prácticas e mantén un espazo de traballo para o alumnado. A web ordena todo iso sen converter cada servizo nunha illa.

Orientación laboral e atención personalizada

Cada persoa pode entender as súas opcións e recibir axuda antes, durante e despois da matrícula.

Formación presencial e en liña

As modalidades adáptanse á dispoñibilidade do alumnado sen separar a información en percorridos distintos.

Prácticas e ofertas de emprego

A formación conecta con oportunidades reais para que o seguinte paso non remate ao recibir o diploma.

Campus virtual e recursos para o alumnado

O alumnado mantén nun mesmo lugar os materiais, o seguimento e o acceso ao traballo do curso.

Formación para empresas

O equipo tamén pode ser o alumnado.

A área de empresas presenta formación bonificada, cursos á medida e xestión integral como un servizo propio, non como unha nota ao pé da páxina. Presencial ou en liña, segundo o que necesite cada equipo.

01

Á medida

Contido e formato adaptados ás necesidades reais da empresa.

  • Formación bonificada e programas á medida, coa xestión necesaria para que formar o equipo non se converta noutro traballo a tempo completo.

02

Xestión incluída

Asesoramento e acompañamento durante todo o proceso formativo.

  • Formación presencial e en liña

Por baixo das aulas

Unha web pensada para orientarse e para medrar.

O importante non era facer unha portada enorme. Era deixar unha estrutura na que cada persoa atopase o seu seguinte paso e o centro puidese seguir publicando sen desmontala.

  1. 01

    Arquitectura por necesidades

    A navegación parte de quen chega e do que necesita: atopar formación, mellorar profesionalmente ou formar un equipo. Menos organigrama; máis respostas.

  2. 02

    Tema WordPress propio

    A identidade de AserGalicia convértese nun tema personalizado, adaptable a móbil e preparado para que o centro poida xestionar os seus contidos.

  3. 03

    Servizos conectados

    Cursos, campus virtual, emprego, contacto e información para empresas conviven nun mesmo percorrido sen parecer cinco webs pegadas con cinta.

  4. 04

    Contido que pode medrar

    A estrutura admite novas convocatorias e información sen depender dunha portada con datos fixos que queden vellos ao seguinte trimestre.

What The Flow

Créditos do proxecto

Deseñado por What The Flow. Programado por min.

A identidade visual e o deseño da web son obra de What The Flow, a axencia creativa coa que colaboro. Eu encargueime de converter ese deseño nunha web funcional, responsive e preparada para traballar de verdade. Cada quen co seu; así dá gusto.

Coñecer What The Flow

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.