Proxecto Bot Reescritura actual

Modereta

Un bot que mira os drops para que ti non teñas que vivir mirando o chat.

Modereta é un bot privado que se integra con Sofi en Discord: lembra os favoritos, entende que cartas apareceron e avisa a quen lle interesa. Sen spam xeral nin follas de cálculo clandestinas.

Tipo
Bot de Discord
Estado
Reescritura actual
Base
Discord · TypeScript
Plataformas
Uso privado

Unha lista, un drop, un aviso

A automatización sucede no medio.

A persoa só escolle os seus favoritos. Modereta encárgase de ler as mensaxes de Sofi, normalizar os nomes, cruzar os datos e avisar cando toca. O traballo invisible é precisamente a graza.

  1. 01

    Garda o que buscas

    Cada persoa pode manter unha lista de series e personaxes favoritos mediante comandos con autocompletado.

  2. 02

    Modereta observa a Sofi

    Unha regra pasiva detecta os drops doutro bot, interpreta as cartas e garda series, personaxes e contexto.

  3. 03

    Avisa cando hai coincidencia

    Se aparece algo gardado como favorito, agrupa as coincidencias e menciona só as persoas interesadas.

A reescritura

O mesmo nome. Unha base que xa non mete medo tocar.

A Modereta actual non é un parche sobre a anterior. Reorganiza o proxecto arredor de comandos, regras, servizos e datos independentes para poder engadir utilidades sen repetir o incendio.

01 / DISCORD

Comandos modulares

Os comandos slash e os menús contextuais cárganse, valídanse e sincronízanse con Discord desde un xestor común.

  • Regras para mensaxes: Os comportamentos que reaccionan a outros bots viven separados dos comandos. Así Modereta pode escoitar sen converter o ficheiro principal nunha pota.

02 / BACKEND

Datos con memoria

PostgreSQL e Drizzle gardan drops, series, personaxes e favoritos con migracións reproducibles e consultas tipadas.

  • Preparada para despregar: Docker Compose reúne o bot e a base de datos; a integración continua comproba formato, lint, tipos e probas antes de dar nada por bo.
Portada de Modereta cun X marmoreado, cartas, favoritos e notificacións en cores neón

Non só funciona no meu portátil

Desenvolver, comprobar, despregar.

A nova base inclúe contedores para o bot e PostgreSQL, migracións de datos, sincronización de comandos e unha batería de comprobacións automática. Porque «a min arrancoume» é información, non unha estratexia de produción.

Bun e TypeScript estrito discord.js para comandos e eventos PostgreSQL con Drizzle ORM Docker Compose e migracións Probas con bun:test CI con GitHub Actions

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.